Últimas Noticias
busqueda articulos
LIMPIEZAS 2021
LIMPIEZAS 2021
NOTA INFORMATIVA
En virtude do acordo adoptado pola Xunta Directiva a través de videoconferencia o día 25 de febreiro do 2021 as 19:00 horas, e non podendo ser ratificado en ASAMBLEA XERAL ORDINARIA debido ás restricións sanitarias (COVID-19) decretadas polo Goberno da Xunta de Galicia:
CONVÓCANSE AS LIMPEZAS PARA O ANO 2021
DÍAS: 6, 7, 13 e 14 de marzo do 2021, ás 09:00 horas na casa do Garda en Muniferral, concello de Aranga.
A sociedade organiza - coma en anos anteriores - limpezas nos camiños, marxes do cauce do río Mandeo ao seu paso polo couto de Aranga, reparacións das sinalizacións, pontes, etc ... tamén no couto de Aranga.
Para evitar xuntanzas de persoas non convivintes, e poder organizar os grupos de traballo, tod@s @s soci@s interesad@s en participar voluntariamente en ditas limpezas poden facelo anotándose vía whatsapp, ata o día anterior a cada xornada de limpeza, no número de teléfono da sociedade:
621231107
DÍAS: 17, 18, 24 e 25 de abril de 2021, ás 09:00 horas na casa de que dispón a Sociedade de Pescadores Río Mandeo en Chelo, concello de Coiros.
Organízanse tamén as limpezas nos senderios, marxes da canle do río Mandeo ao seu paso polo couto de Betanzos, reparacións das sinalizacións do couto, así coma pontes, etc.
Para evitar xuntanzas de persoas non convivintes, e poder organizar os grupos de traballo, tod@s @s soci@s interesad@s en participar voluntariamente en ditas limpezas poden facelo anotándose vía whatsapp, ata o día anterior a cada xornada de limpeza, no anterior número de teléfono da sociedade.
Grazas de antemán pola vosa intestimable colaboración. Recordarvos que cada día de limpeza canxearase por dous preferentes, que tamén serán puntuables para o primeiro día de pesca no coto de Betanzos.